| WWW.ANTELA.ORG | antela@antela.org | ||||||||
|
||||||||
Antela: lagoa desougada,... regada... e asolagadaTrala primeira fase de desougamento, o proxecto para o saneamento e colonización da lagoa de Antela en aplicación da Lei do 27 de decembro de 1956 xa contemplaba unha segunda fase para a transformación en regadío das terras “rescatadas para o cultivo” (véxase Zapata Tejedor, 1967). Con tal fin proxectouse un trasvase dende a cabeceira do río Arnoia, que non chegou a realizarse (véxase apartado "O desougamento de 1956"). A cambio instalouse unha comporta na canle principal de Antela, xusto augas abaixo da estrada N-525, e varias estacións de bombeo para irrigar 612,7 das 3243,7 ha desougadas. Por mor da sequedade estival crecente en A Limia, polas razóns antes sinaladas, a principios do último decenio do século XX desencadenouse unha rápida expansión do regadío polos terreos de Antela en secano e polo resto da chaira limiá. Fronte á avalancha de demandas individuais de concesións de auga para regadío, a Confederación Hidrográfica do Norte tentou dar pulo á constitución de comunidades de regantes, pero o resultado non foi o agardado "pois non se realizaron ningunha das obras de toma nin de conducción previstas" como indica a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, 2000, 2001), que, ademáis, recoñece explícitamente o caos de aproveitamentos hidráulicos en A Limia neses momentos:
Tras un primeiro plan, fallido pola oposición do organismo de bacia, para o regadío da chaira limiá coa construcción de ata 300 azudes nas canles e cursos fluviais, realizouse un estudio e zonificación da transformación en regadío na comarca de A Limia (Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, 2000). As enquisas levadas a cabo para dito estudio revelan que:
Diante das reticencias dos agricultores a cofinanciar as obras dun plan de regadío, nas súas conclusións o estudio oficial ofrece interpretacións para soslaiar a falta de cofinanciación por parte dos interesados ("... trátase de levar o auga ata a parcela, de xeito que o agricultor asume o coste íntegro da distribución da auga dentro da súa propiedade. Ésto pode entenderse como unha cofinanciación do plan...") e xustificacións para non esixir a lóxica contribución dos beneficiarios ("o que, unido á necesidade de fixar pobación e rentas na comarca, entendemos que xustifica sobradamente que os custos da transformación en regadío debera asumilos na súa meirande parte, senon na súa totalidade, as administracións públicas"), plantexando finalmente tres propostas de actuación:
Unha primeira fase do plan de regadío, para a irrigación dos terreos en secano da antiga lagoa, sométese a información pública en 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 172, de 06-09-2002) para a tramitación legal do seu estudio de impacto ambiental (EIA). Para este trámite, a Xunta de Galicia recurre á vía de urxencia, cun prazo de alegacións de 15 días, malia que a comunidade de regantes á que vai destinado o proxecto aínda no ten aprobadas as súas solicitudes de concesión dos aproveitamentos de augas soterráneas que precisa para o proxecto de regadío, solicitudes que, case simultáneamente, son sometidas ó prazo habitual de 30 días de información pública pola Comisaría de Aguas da Confederación Hidrográfica do Norte (B.O.P. Ourense nº 204, de 5 de septiembre de 2002). O EIA sometido a información pública presenta, a lo menos, dúas severas deficiencias:
Pese a elo, o proxecto e o seu EIA reciben o dictamen positivo da Consellería de Medio Ambiente e a mediados de 2003 comezan as obras para o tendido das tuberías de regadío e logo as sondaxes para a captación de augas soterráneas a 70 m de profundidade. Todas as obras realizanse sen a preceptiva aprobación previa do organismo de bacia (nesas datas, a Confederación Hidrográfica do Norte), que as legaliza a posteriori mediante Resolución do 28-03-2006, que concede un caudal máximo total de 1320 l/s, condicionado a que "no dren principal da Lagoa de Antela se manteña o caudal necesario para respetar as concesións vixentes (505 l/s para a Comunidade de Regantes de Antela), ademáis dun mínimo de 90 l/s como caudal de restitución medioambiental". É decir, mediante esta Resolución a Confederación Hidrográfica do Norte aprobou que ata un 95,3% de toda a auga dispoñible na chaira de Antela se destine á agricultura, deixando a penas un 4,7% para os ecosistemas acuáticos e calquer outro aproveitamento. Como acontecera no seu momento coas obras para o desecamento de Antela, en apenas 4 anos os custos reais das obras do plan de regadío dispáranse ata 6.123,90 €/ha, un 57% máis do inicialmente presupostado (649.214 pts/ ha, de acordo coa "Proposta de actuación 1").
Fotografía: Carteis do Plan Nacional de Regadíos relativos ó proxecto de "Transformación en regadío da zona de secano da Lagoa de Antela. Comarca da Limia (Ourense)" cun investimento total estimado de 12.997.522 € para unha "superficie a modernizar" de 2087 ha (esquerda) e ó "Proxecto de mellora e modernización do regadío da comunidade de regantes da Lagoa de Antela (Ourense)" cun investimento de 3.535.170,86 € para unha "superficie a modernizar" de 612,70 ha (dereita).
Culminadas por fin, medio século despois, todas as actuacións de transformación hidrolóxica (desougamento-regadío) nas terras de Antela ideadas e comezadas polo réxime de Franco, a situación actual é que HOXE ANTELA É UNHA LAGOA DESOUGADA, AS SÚAS TERRAS TEÑEN QUE SER REGADAS PORQUE OS CULTIVOS NON SOPORTAN A SEQUEDADE ESTIVAL E AS SÚAS INSTALACIÓNS DE REGADÍO TEÑEN QUE SER PROTEXIDAS DAS INUNDACIÓNS INVERNAIS RECURRENTES:
Como exemplo da situación actual das terras de Antela basten as seguientes imaxes tomadas durante a enchente da derradeira semana de 2009, aínda que o nivel da auga voltou a acadar unha cota moi semellante na última semana de febreiro de 2010.
Fotografía: Vista panorámica do asolagamento da zona de Antela o 31-12-2009 dende a torre de A Pena; a finais de febreiro de 2010 repitiuse a enchente cunha cota moi semellante. En ámbolos dous casos a cota máxima acadada foi algo inferior á de decembro de 2000 (véxase fotografía en http://www.antela.org/ Transformacions_hidroloxicas_actualidade.html ).
Fotografías: Cartel da obra de "Transformación en regadío da zona de secano da Lagoa de Antela, Comarca de A Limia (Ourense)" situado nunha parcela parcialmente asolagada, como se aprecia con claridade no detalle ampliado á dereita (31-12-2009).
Fotografías: Parcela totalmente asolagada co hidrante para o regadío ó fondo, como amosa claramente o detalle ampliado á dereita (29-12-2009).
Fotografías: Parcelas totalmente asolagadas a ámbolos dous lados da estrada entre A Corga e Folgoso cun hidrante para o regadío en primeiro plano e, ó fondo (detalle ampliado á dereita), toneladas de esterco de galiña ás que alcanza o asolagamento coa conseguinte contaminación directa das augas por microorganismos fecais, antibióticos e nutrientes que promoven a eutrofización dos medios acuáticos (31-12-2009).
Fotografías: Dúas parcelas totalmente asolagadas cos respectivos hidrantes para o regadío en primeiro plano; na imaxe da dereita distínguese con facilidade a torre de A Pena ó fondo recortándose contra el ceo (29 e 31-12-2009).
Fotografías: Comporta na canle principal sobrepasada polo nivel da enchente o 29-12-2009; dous días despois estaban tamén cubertas as pequeñas plataformas de rexilla metálica e baranda amarela que hai a ámbolos lados.
Fotografías: Hipódromo e instalacións anexas construidas pola Diputación Provincial de Ourense na parcela que recibiu do IRYDA para adicala a experimentación e formación agraria. No detalle ampliado á dereita vense os cabalos "acorralados" pola inundación o 31-12-2009.
|
||||||||
| |
|
|||||||