| WWW.ANTELA.ORG | antela@antela.org | ||||||||
|
||||||||
Cambios estacionais do complexo húmido de A Limia
O único intento de avaliar as variacións estacionais das superficies dos hábitats acuáticos no complexo húmido de A Limia débese a Villarino et al. (2002), que se basearon en:
En base á devandita información Villarino et al. (2002) estableceron que a superficie asolagada en invernía era dunhas 6900-7500 ha, correspondendo delas:
En canto á superficie asolagada en estiaxes "normais" Villarino et al. (2002) estiman que era dun mínimo de 1500-1600 ha, delas unhas 1340 ha na lagoa propiamente dita e unhas 150-250 ha nas veigas. Estes autores avaliaron a superficie da lámina de auga en Antela considerando que:
A superficie calculada deste modo para a lagoa de Antela en estiaxes normais (1340 ha) coincide case perfectamente coa superficie ocupada polos tipos de solos característicos de zonas permanentemente asolagadas (1349 ha de turbeiras e gleysoles) que sinalou Lavandeira (1967) nos terreos xa desecados de Antela. Ademáis, a distribución das turbeiras e gleysoles segundo o mapa de Lavandeira (1967) tamén coincide sensiblemente cos terreos de cota inferior a 617,1-617,2 m s.n.m. segundo o "Plano General de la Laguna de Antela". As remarcables coincidencias dos dous mapas anteriores no que respecta á extensión e situación da masa de auga permanente de Antela contrasta coa discrepancia na hipsometría: mentres que o "Plano General de la Laguna de Antela" sinala altitudes no vaso lagunar de 616-621,5 m s.n.m., Lavandeira (1967) sinala unha cota mínima de 611,3 m en estiaxe e unha cota máxima de 617,5 m en invernía. Estas discrepancias sobre as cotas da lagoa de Antela, que perduran dende hai máis de 150 anos na bibliografía consultada, aínda non se resolveron pois o levantamento hipsométrico da cartografía dixitalizada actual é contradictorio cos mapas da lagoa (do "Instituto Geográfico Nacional" e do catastro de 1957) e coas fotografías áereas da época. A superficie de pasteiros moi húmidos e lamazais durante a estiaxe podería oscilar entre as 4000 e as 6000 ha, delas unhas 2000-2100 ha nas terras de Antela con cota maior de 617,1-617,2 m s.n.m. e outras 2000-4000 ha nas veigas segundo estivera enchoupado o 50 ou o 100 % da súa superficie. |
||||||||
| |
|
|||||||