| WWW.ANTELA.ORG | antela@antela.org | ||||||||
|
||||||||
O desougamento romanoÓ longo dos últimos 2000 anos houbo numerosos proxectos e intentos para desougar a Lagoa de Antela. O primeiro dos que se ten noticia executouse no primeiro tercio do século segundo, baixo o mandato do Emperador Adriano (Rivas, 1985), quizais coincidindo cunha pequena era de precipitacións inferiores ás actuais. A canle principal aberta polos romanos tiña dous brazos perto de Vilar de Barrio, para recoller tódalas augas da cabeceira, e o longo dos seus 27 km de lonxitude ata Ponte Liñares recibía varias canles secundarias que, dende as beiras da Lagoa, levaban as augas dos pequenos regatos ata a canle principal que tiña 17 m de largura e 1,5 de fondo (Conde-Valvís, 1975). Tras o desougamento feito polos romanos, a explotación agrícola de Antela debeu ser moi rendible, pois á Limia comenzouselle a chamar "o graneiro de Galicia" e "Palla Aurea" pero, a partires dunha época non precisada, "o caso é que o Bión volveu ó seu, todo se alagou outra vez e o único que ficaba era algún resto das tumias que enmarcaran a canle (Rivas, 1985). Como ben salientou S. González (en Martínez Carneiro, 1997), "non só descoñecemos o momento en que aconteceu o devandito, senón tamén as súas causas. Curiosamente, ningunha das persoas que ó longo dos séculos propuxeron desougar de novo Antela pareceu plantexarse os motivos deste primeiro fracaso, a pesares do seu trascendental interese". Coa perspectiva e os coñecementos actuais iste autor plantexou dúas hipóteses contrapostas:
Hai varios argumentos a prol desta segunda hipótese. A exuberancia vexetal e a elevada productividade das zonas húmidas depende precisamente das súas peculiares características (presencia de auga, escasa fondura da lámina de auga que permite a actividade fotosintética, acopios de elementos minerais producidos polo arrastre e a interfase terra-auga), e a súa drenaxe permite tan só unha explotación agrícola temporal, durante un período máis ou menos breve. Ademais, a explotación agrícola de Antela tiña e ten severas limitacións:
Fotografía: Bidueiros xeados. |
||||||||
| |
|
|||||||